PREGUNTAS FRECUENTES
REDES DE DISTRIBUCIÓN DA AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS
REQUISITOS DE CONTRATACIÓN
Toda a documentación relacionada coas redes poderás atopala no apartado de documentación do web: www.galescena.gal
Para poder ser contratados nestas redes as compañías/grupos deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Capacidade de facturación como persoa física ou xurídica. Quedan excluídas as comunidades de bens e as asociacións culturais.
- Estar dados de alta no IAE (Imposto sobre Actividades Económicas) nun epígrafe relacionado coas artes escénicas ou musicais.
- Non ter débedas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, nin coa Axencia Tributaria de Galicia, nin coa Seguridade Social
REXISTRO DA COMPAÑÍA OU GRUPO
Non estou rexistrada/o, como fago?
O rexistro das compañías /grupos só se pode realizar cando se abren os prazos de inscrición.
Pasos:
Entra en www.galescena.gal
Darse de ALTA
Se es unha compañía de artes escénicas pulsa en COMPAÑÍA.
Se es un grupo de música pulsa en GRUPO.
Cumprimenta todos os datos solicitados no formulario, incluíndo contrasinal e usuario, (anótaos para poder lembralos, xa que, unha vez dado de alta, serán solicitados para acceder á túa zona privada).
Pulsa ACEPTAR e recibirás no teu correo electrónico unha notificación indicando que a solicitude se está tramitando.
Unha vez tramitada, recibirá un correo electrónico coa aceptación ou rexeitamento da túa solicitude.
Se a túa solicitude está REXEITADA é porque non cumpres os requisitos da convocatoria. O máis común é porque non sexas profesional, ou que a entidade de facturación sexa unha asociación cultural.
Cando recibas o correo confirmando a túa alta, deberás entrar coas túas claves e ir á pestana de ESPECTÁCULOS OFERTADOS, pulsar o botón de engadir novo espectáculo e cumprimenta todos os campos solicitados, en caso de non cumprimentar os campos obrigatorios, a páxina non che permite continuar.
No caso de querer ofertar máis espectáculos, deberás repetir a mesma operación.
Unha vez completada a ficha deberás volver a pestana de INICIO e ASOCIAR os espectáculos ao programa correspondente. Se non realizas este paso, os programadores non poderán ver a túa oferta.
Quero cambiar o meu contrasinal
Tes que solicitalo a través dos tel: 881 996 087/ 881 996 088 do departamento de programación da Agadic.
Quero modificar os meus datos
Entra coas túas claves e en DATOS COMPAÑÍA e modifica o que precise e preme o botón de ACEPTAR.
Espectáculos/concertos xa rexistrados en anteriores convocatorias, debo actualizalos?
Si, é un requisito imprescindible. Por defecto, rematado o ciclo de programación o sistema informático desactiva os espectáculos. Se queres ofertalos, deberás asocialos de novo.
No caso de que queiras facer algún cambio, deberás facelo na pestana de espectáculos ofertados, gardar os cambios e volver asociar o espectáculo na rede na que queiras participar.
Comproba sempre que os datos quedaran gravados volvendo entrar na páxina.
Presentación dun novo espectáculo.
Na pestana de espectáculos ofertados tes que pulsar engadir novo espectáculo, e cumprimentar todos os datos.
Volve á páxina de inicio e ASOCIA este novo espectáculo á rede que queiras ofertalo.
Selección de espectáculos/Concertos
Para que unha compañía ou grupo sexa considerada galega, ten que ter o seu domicilio fiscal en Galicia.
Na Rede Galega de Teatros e Auditorios, os espectáculos de compañías/grupos galegos entrarán automaticamente.
Os espectáculos de fóra de Galicia, pasarán por unha comisión artística, que será a encargada de seleccionar os espectáculos/concertos que pasarán a ser ofertados.